Hoxe é Martes 5 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Daniel Bargiela e Teresa González vencedores da IV carreira popular Vila de Redondela

RR_Noticias

A Asociación Lenda recibiu algo máis de mil euros recadados no transcurso da proba na que participaron preto de 600 atletas de todas as idades. Os corredores salvaron sen problemas os 6 kilómetros do percorrido

A máis numerosa das catro edicións celebradas ata o de agora, con preto de 600 participantes, celebrouse onte nunha xornada marcada polas mellores condicións meteorolóxicas para este tipo de citas deportivas. Ceos parcialmente anubrados acompañaron aos corredores que deberon salvar os seis kilómetros dos que constaba esta carreira que partía ás 10:30 horas dende o Concello para unha vez en Cesantes dar a volta e regresar ao punto de partida.
O ponteareán Daniel Bargiela fíxose coa vitoria por diante de Alberto Bastos e Antonio Sobrado, mentres que na categoría feminina a primeira en chegar á meta foi a redondelá Teresa Gonzalez, sendo Patricia Isabel Masso e Rosa María Guede as clasificadas en segundo e terceiro lugar respectivamente.
Ademais do aspecto deportivo esta cita tiña tamén como obxectivo recadar fondos para a Asociación Lenda, a quen se lle entregaron máis de mil euros, así como poñer de manifesto as dificultades económicas polas que está pasando unha organización que desenvolve un importante labor social coa atención a persoas que padecen enfermidades mentais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará