Hoxe é Venres 8 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG acusa a Javier Bas de “vender postos de traballo”

RR_Noticias

A acusación pública da nacionalista Cecilia Pérez Orge quece a campaña electoral en Redondela. A nacionalista acusou ao candidato popular de “ofrecer traballo a persoas desempregadas se colaboraban coa campaña do PP”. Bas asegurou que era mentira e cualificou a conduta da candidata do bloque de “barriobajera”.

O enfrontamento entre o candidato do PP, Javier Bas e a candidata do BNG, Cecilia Pérez Orge, produciuse no transcurso do debate electoral organizado pola Radio Municipal. Cando os candidatos estaban a presentar as súas propostas para fomentar e promover o emprego en Redondela, Pérez Orge denunciou publicamente o suposto proceder do candidato popular quen tería ofrecido un emprego a unha persoa en paro a cambio de obter o seu apoio na campaña do PP. A nacionalista, amosando unha fotocopia dunha carta, asegurou que Javier Bas “dedicouse durante a campaña e a precampaña a vender postos de traballo”. Cecilia Pérez asegurou ter probas de que o popular estaría a utilizar o seu posto como director de Caixa Galicia para “citar a persoas que están en paro e ofrecerlle un postiño de traballo se colaboraban co PP”. Javier Bas, visiblemente molesto, afirmou que esas acusacións eran “mentira” e acusou á candidata nacionalista de empregar practicas “barriobajeras”. Pedía ademais que en canto se demostrase a veracidade ou non da acusación “un dos dous abandonase a vida política”

Cecilia Pérez Orge BNG
A nacionalista acusa a Bas de vender postos de traballo
Javier Bas PP
Aseguraba que as afirmacións de Pérez Orge eran mentira
Abandonar a vida pública
Ante a reiteración de Pérez Orge o candidato popular apuntaba que un dos dous terían que abandonar a política se se comprobaba a verecidades ou non dos feitos denunciados

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará