Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Diferentes xeitos de fomentar o emprego

RR_Noticias

Foi quizá o emprego o tema que con maior profundidade se abordou no debate electoral do pasado sábado. Xa na primeira intervención os candidatos das sete formación que concorren a estes comicios electorais destacaban a necesidade de implantar medidas encamiñadas a promover a recuperación económica e crear emprego nunha vila onde o número de parados ascende a 2735 segundo os últimos datos do INEM.

O popular Javier Bas, defendía na súa intervención a necesidade de construír “micropolígonos” e fomentar a creación de postos de traballo en torno a ámbitos como a asistencia social, o deporte e  cultura. O PSOE pola súa banda lembraba que o Concello carece de competencias en materia de emprego pero si reiteraba Eduardo Reguera a necesidade de polígonos industriais de maior tamaño como o de Chan das Pipas ou Vilar para promover a implantación de empresas Os nacionalistas apuntaban varias liñas a seguir para a creación de emprego que pasarían segundo explicou Cecilia Pérer Orge pola creación de chan industrial para que poidan ubicarse neses espazos novas empresas, unha boa política de turismo que permita o desenvolvemento da hostelaría pero, sobre todo, “mirar cara o mar” xa que a confraría é a maior empresa de Redondela” da que viven 350 familias. Dende Esquerda Unida, Óscar Benavides apuntaba á necesidade dun plan de emprego baseado nos recursos endóxenos e o Partido Galeguista Demócrata a través do seu candidato Alejandro Bastos propuña unha rebaixa de impostos ás Pemes, para favorecer o mantemento dos pequenos negocios da vila. Alberto Covelo, da FPG falaba da necesidade dunha xornada laboral de 35 horas semanais e apuntaba tamén que a contratación por parte do Concello fora entre os traballadores adscritos ao INEM de Redondela.

Javier Bas PP
Promover micro-polígonos
Cecilia Pérez Orge BNG
Mirar cara o mar
Oscar Benavides IU
Recuperar sectores esmorecidos
Alberto Covelo FPG
35 horas semanais
Alejandro Bastos PDG
Rebaixar os impostos ás Pemes
Manuel Angel Pérez AER
Potenciar o pequeno comercio coa participación dos veciños
Eduardo Reguera PSOE
Polígonos de Chan das Pipas e Vilar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará