Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A UMIR captura unha serpe de metro e medio en Cedeira

RR_Noticias

A Unidade Medioambiental de Intervención Rural (UMIR) de Vigo capturou na tarde do pasado luns unha serpe que se atopaba ás portas dunha vivenda na parroquia de Cedeira. Os feitos tiveron lugar ao redor das cinco da tarde cando uns veciños desta parroquia alertaron á Policía Nacional da presenza dunha serpe de grandes dimensións na súa propiedade.

Os efectivos da UMIR, que se atopaban casualmente en Redondela por mor dunha primeira captura realizada polos axentes da Policía Nacional, desprazáronse a este domicilio onde procederon a capturar ao animal, unha serpe común coñecida como bastarda. Aínda que se trata dunha especie velenosa non adoita a ser perigosa para as persoas pola disposición do seu aparato inoculador. Por outra banda, está considerada como especie protexida polo que o proceder con este tipo de capturas consiste en devolvelas aos seu hábitat natural.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará