Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

En folga de fame ás portas do Concello

RR_Noticias

Sete dos ex traballadores do Grumir iniciaron o pasado luns unha folga de fame indefinida para esixir o mantemento do servizo en Redondela. Logo de máis de 48 horas sen inxerir ningún alimento sólido anuncian que so abandonarán a protesta se hai un compromiso por parte do goberno local de que o servizo non se vai deslocalizar.

En total son sete os traballadores que o pasado luns adoptaban a drástica medida de iniciar unha folga de fame de carácter indefinido. O motivo segundo explican é esixir que a base do GRUMIR se manteña en Redondela con persoal suficiente como para atender as emerxencias que se produzan no concello. Denuncian unha vez más que a decisión de non contratar máis efectivos e manter o servizo con tan só tres traballadores contratados de xeito estable, impide que se atenda a unha poboación de 30.000 habitantes os 365 días do ano e as 24 horas tal e como establece a lei. Aseguran atoparse ben de saúde, aínda que xa levan máis de 48 horas inxerindo tan só zumes, soros e bebidas enerxéticas. A súa intención é manter a protesta mentres o corpo aguante e apuntan que só abandonarán a folga se hai un compromiso en firme por parte do goberno local de que o servizo non se vía deslocalizar O seu obxectivo segundo apuntan os folguistas é “resistir”.

Jonathan Marínez ex traballador
Atópanse animados e decididos a manter a folga de fame
Motivos da protesta
Raclaman que o servizo non se deslocalice
Resistir
O seu propósito é aguantar mentres a saúde llelo permita

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará