Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O xuíz recoñece o carácter indefinido dos postos de traballo dos ex operarios do Grumir

RR_Noticias

Os traballadores, que levan varios anos no servizo contratados por períodos de entre 7 e nove meses, solicitarán agora a súa readmisión con carácter indefinido. Son conscientes de que pese a decisión xudicial o seu futuro laboral dependerá do interese político de crear ou non un servizo estable de emerxencias en Redondela.

Os nove traballadores que decidiron recorrer a vía xudicial a principios de ano recibían onte a comunicación oficial da sentencia, na que o xuíz recoñece o carácter indefinido dos seus postos de traballo. Os extraballadores do Gruñir presentaran no Xulgado unha denuncia contra o Concello argumentando “fraude de lei” ao considerar que dende a Administración se lles estivo contratando de xeito irregular nos últimos anos, xa que levaban varios traballando no servizo contratados por períodos de entre 7 e 9 meses cando as bases establecidas para este tipo de contratos, subvencionados pola Xunta, recollía que non se pode contratar por un período superior a nove meses a un traballador que estivese no mesmo servizo nos tres anos anteriores. Unha vez que a sentenza é favorable aos seus intereses agora é o Concello que ten que decidir cal será o futuro destes traballadores. As opcións son múltiples segundo explicaba un dos afectados, Jonathan Martínez.. Así a administración local podería ben indemnizalos ou decidir a creación dun corpo estable de emerxencias. Esta sería a alternativa que defenden e que pasa por contratar a estes nove traballadores, algo que o goberno local desbotara ata o de agora polo investimento económicos que suporía para as arcas municipais soster este gasto en persoal. Unha terceira opción, engade Martínez, pasa porque sexan readmitidos e a continuación se lles despida novamente alegando “causas obxectivas” tal e como aconteceu no Val Miñor. Os ex traballadores insisten na obriga dos concellos de máis de 20.000 habitantes de contar cun servizo de emerxencias estable as 24 horas, algo que a día de hoxe non é posible por estar tan só 3 persoas atendo as emerxencias que se produzan.

Jonathan Martínez ex traballador
A resolución xudicial recoñece a indifinición dos traballadores
Readmisión
Unha das posibles saídas ao conflito sería a readmisión dos 9 traballadores
Despedimento
Outra opción é o "despedimento obxectivo" por cuestións económicas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará