Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rescatada unha muller de 60 anos que caeu ao mar na Marisma

RR_Noticias

Os feitos producíanse ás 13:45 horas de onte cando unha muller veciña da zona de A Marisma saía a dar un paseo por unha das pasarelas de madeira que se atopan nas inmediacións do antigo mercado do gando. Ao chegar ao final do paseo e debido a un esvarón a muller perdeu o equilibrio caendo ao río nunha zona de lama.

Afortunadamente outro veciño foi testemuña do acontecido polo que alertou á Policía  quen unha vez no lugar decatáronse da imposibilidade de rescatar a muller dende o paseo, polo que se chamou ao Grumir quen tivo que desprazar á zona unha embarcación dende o peirao de Cesantes. Xa dende a propia canle do río foi posible rescatar á vítima quen foi trasladada a un centro médico de Vigo aínda que sen feridas de gravidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará