Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela participa con catro embarcacións no Campionato de España de Bateis

RR_Noticias

As categorías absoluta e xuvenil, tanto masculina como feminina, terán representación redondelá na proba que se disputa esta fin de semana no Porto de Ferrol. O Club de Remo de Chapela, logo do éxito no Campionato de Galicia, buscará a súa praza nas finais. Coa sat

Coa satisfacción do bo papel asinado no Campionato Galego de Bateis disputado a pasada fin de semana en Moaña, o Club de Remo de Chapela prepara a viaxe desta fin de semana para a proba a nivel estatal, que se celebra en augas do Porto de Ferrol. Os redondeláns competirán con catro embarcacións. Chapela estará representada na categorías absoluta tanto masculina como feminina, e asisten ó Campionato de España como os mellores galegos, logo de situarse na primeira praza o pasado domingo en Meira. Para o presidente do club, Fernando Collazo, o obxectivo é clasificarse para a final, o que será “moi difícil” na categoría masculina, onde competirán non só cos tres galegos que tamén se clasificaron por detrás de Chapela (Remedios, Amegrove e Tirán) senón tamén con duros rivais como os cántabros, clubs como Astillero e os rivais vascos. Algo máis fácil o van ter as mozas, xa que en bateis “o máis alto nivel dos últimos anos estano dando as galegas”. O certo é que no Campionato Galego foron as claras vencedoras, deixando a 10 segundos a Samertolameu, que foron segundas. Na categoría xuvenil, tanto masculina como feminina, haberá tamén representación do club de Chapela, logo de que na proba autonómica remataran na terceira e cuarta praza, respectivamente. As probas comezarán o sábado día 30, ás 14:00 horas coas clasificatorias. As finais disputaranse o domingo, 1 de maio, a partires das 10:30 horas. Unha temporada de éxitos nos bateis que agardan culminar en Ferrol “cun bo resultado”. E iso foi posible nun ano de “moitas dificultades” polo traslado ás novas instalacións do Centro de Deportes Acuáticos de Chapela. Nos últimos meses as obras impedíronlles en ocasións poder adestrar, e están en pleno proceso de cambio, a cabalo entre as vellas e as novas instalacións. Agora xa están “ó final de túnel”, segundo Collazo, e agardan poder inaugurar o novo recinto de adestramento en xuño, co que poderán derrubar a parte das vellas instalacións que aínda quedan en pé.  

Fernando Collazo presidente do Club de Remo
O clubb entende que o obxectivo é clasificarse para a final.
Absoluto feminino
Collazo entende que a embarcación feminina terá moitas opcións en Ferrol.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará