Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Jorge Varela “Chopi” lidera a Agrupación Electoral de Redondela

RR_Noticias

Os electores redondeláns terán nestes comicios municipais un elevado número de opcións políticas entre as que escoller. Aos tradicionais partidos que xa se veñen presentando en Redondela no últimos anos, como PP, PSOE, BNG, PG e EU, este ano únenselle a FPG e a recen creada Agrupación Electoral de Redondela.

Non foi ata onte cando os membros desta formación presentaban nas oficinas da Xunta Electoral en Vigo a súa candidatura. E facíano in extremis, pasadas as once da noite cando o prazo rematada ás 00:00 horas. De feito, aínda están pendentes da presentación de documentación adicional no prazo de cinco días para garantir que a súa papeleta estea nos colexios electorais o 22 de maio. O cabeza visible desta candidatura é o hostaleiro Jorge Varela “Chopi” (Ventosela, 1985) quen lidera unha candidatura marcada sobre todo pola xuventude dos seus integrantes. Defínense “de esquerdas” e aseguran que a decisión de poñer en marcha a Agrupación Electoral independente naceu como resposta a un sentimento común de moitos mozos “que non atopaban entre as agrupación tradicionais un partido que dera resposta ás súas inquedanzas”. Sobre os posibles votantes que apoiaran a súa candidatura entenden que non van prexudicar a ningún outro partido “xa que imos recoller o voto de xente que non se sentía identificada con ningunha formación e que tiña previsto non acudir ás urnas”.

Jorge Varela candidato da Agrupación Electoral de Redondela
Deciden montar a Agrupación por non identificarse co resto dos partidos
Votos que se ían perder
Entenden que os votos que acaden nas urnas serán de electores que non tiñan pensado votar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará