Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Relatorio sobre o premio Carvalho Calero na Casa da Cultura

RR_Noticias

Os profesores e investigadores redondeláns Roberto Samartim e Carlos Pazos Justo impartirán o mércores 20 un relatorio sobre o premio Carvalho Calero de Investigación. Unha actividade enmarcada dentro da programación da III Semana do libro, a festa das palabras, que organizan conxuntamente a Biblioteca e Normalización Lingüística.

A conferencia, ás 20:00 horas na Casa das Cultura, ten por obxectivo estimular a actividade lectora da veciñanza e promover a diversidade cultural e lingüística do noso contorno máis próximo. Os relatores exporán na súas intervencións a forza e utilidade da lingua galega para achegármonos á nosa lingua irmá, o portugués, e ao mesmo tempo ao resto das linguas da nosa contorna. Estes dous estudosos tiveron senllos recoñecementos polo seu traballo académico e pola súa contribución ao espallamento da lingua e cultura galegas, pois recibiron o Premio Carvalho Calero de Investigación, convocado polo Concello de Ferrol e a Sociedade Cultural Medulio, un dos premios de ensaio máis prestixiosos do noso país.

Eva García Rei Normalización Lingüística
A charla terá lugar na Casa da Cultura

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará