Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido o autor dun roubo en Aqualia

RR_Noticias

O mozo J.M.O.B. de 24 anos de idade conta con dez antecedentes anteriores a maior parte por delitos contra a propiedade. A detención produciuse na Alameda de Redondela o pasado luns.

Axentes da Policía Nacional detiveron ao mozo como presunto autor dun roubo que se producía o pasado 3 de abril nas instalacións de Aqualia na Avenida Mendiño. O detido accedeu ao interior das oficinas logo de conseguir abrir a reixa que delimita o recinto e forzar unha fiestra e fuxiu cun botín formado por dúas CPUs, un ordenador portátil e unha caixa de caudais con 182 euros.
Unha dotación da Policía Local, que fora alertada do suceso por unha testemuña, logrou recuperar nas inmediacións do lugar os ordenadores substraídos así como a caixa de caudais que se atopaba baleira.
A investigación posterior permitiu a identificación do presunto autor dos feitos e a súa posterior detencións na Alameda de Redondela. O detido pasou a disposición xudicial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará