Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP lamenta que Reguera busque unha solución ao Grumir noutros concellos

RR_Noticias

Critican ao edil socialista por “ir buscar unha solución ao problema do Grumir en concellos como O Grove ou A Estrada”, unha iniciativa que culafican de “puramente partidista e electoralista”.

O partido popular de Redondela critica ao concelleiro responsable de protección Civil, Eduardo Reguera por ir buscar unha solución ao problema do Grumir en concellos como O Grove ou A Estrada. Cualifican de “falta de seriedade e responsabilidade o feito de ir buscar -a estas alturas- unha solución ao problema do Grumir no noso municipio visitando outros concellos na procura de ideas”.
Ao entender do edil popular Alberto Pazos, con esta actitude “Reguera está a admitir que ao longo destes últimos 8 anos nos que estivo ao fronte desta área permaneceu de brazos cruzados e foi agora, a uns meses de celebrarse os comicios municipais, cando reaccionou ante un problema que se arrastra dende hai moito tempo atrás”.
Por este motivo, cualifican a iniciativa de Reguera de acción  “puramente partidista e electoralista, ademais do recoñecemento expreso da falta total de competencia neste ámbito”.
Lembramos que a día de hoxe o servizo do Grumir atópase baixo mínimos xa que dende o pasado 31 de decembro, cando se lle rematou o contrato aos traballadores que atendían as emerxencias, son tan so 3 as persoas que se ocupan do servizo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará