Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Retroblues presenta o seu disco “En Vena”

RR_Noticias

A agrupación redondelá ofrecerá un concerto gratuíto este domingo ás 20:30 horas no Multiusos da Xunqueira. Retroblues conta neste segundo disco coa colaboración dos músicos Nacho Pérez e Juanín Barreiro.

A formación clásica do grupo con Jorge Álvarez no baixo, Nardo Lago na trompeta, Lucho Vilas na batería e Juan Álvarez na guitarra e na voz, estará acompañada nesta ocasión por dous músicos da vila: Juanín Barreiro e Nacho Pérez quen aportan os ritmos do piano e o saxo. Un segundo traballo que segundo explican os seus integrantes é “máis profesional e inclúe máis rock&roll” que o seu primeiro disco. Un disco autoproducido que será presentado oficialmente este domingo grazas á colaboración da Concellería de Cultura, patrocinadora do concerto, e que permitirá a todos os asistentes escoitar temas como “la fería”, “Blues en vena” ou “Elvis en la radio” entre outros.

Jorge Álvarez Retroblues
A experiencia do traballo anterior permítelles presentar un disco máis profesional

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará