Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Óscar Benavides encabezará a candidatura de Esquerda Unida en Redondela

RR_Noticias

A agrupación, logo de disolverse temporalmente, decidiu presentar unha candidatura renovada aos comicios de maio por entender que contan “con suficiente apoio social” como para acadar representación no Concello.

Traballador asalariado do ramo da limpeza e activo sindicalista, Oscar Benavides non conta con experiencia política “en primeira liña” aínda que si ten participado en diversas plataformas cívicas relacionadas coa sostibilidade ambiental. Ten participado na defensa do tren de proximidade, contra o que cualifica de “deseño elitista do AVE” e contra a creación de máis autopistas. Ademais das infraestruturas, Benavides centra as propostas de Esquerda Unida no ámbito local na defensa dos traballadores do Grumir e na necesidade de poñer en marcha un plan de emprego ante o elevado número de veciños que se atopan en situación de desemprego. Esquerda Unida afronta cun renovada candidatura o reto de recuperar representación na corporación logo de que os negativos resultados acadados nas últimas eleccións municipais supuxeran a perda do único concelleiro co que contaban. Entenden que contan con suficiente apoio social como para acadar ese obxectivo, logo de pasar por un proceso de reflexión que os levara a disolverse temporalmente para volver renacer de cara aos comicios de maio. O consello político comarcal de Esquerda Unida aprobaba onte a candidatura de Redondela para as municipais na que repiten un 30% dos que xa se presentaran hai catro anos, sendo os restantes de nova incorporación. Non atopamos entre os que repiten na lista ao que fora concelleiro desta agrupación, Manuel Pérez Pardo.

Oscar Benavides candidato de EU
Entre as súas prioridades estaría a elaboración dun plan de emprego
Refundación do partido
Deciden presentar candidato logo de desaparecer temporalmente

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará