Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A conexión wifi permite o acceso gratuíto a Internet en varios puntos do municipio

RR_Noticias

Os usuarios interesados en conectarse á rede inalámbrica deberán inscribirse a partir de hoxe no Multusos da Xunqueira para obter unha clave persoal que lles permitirá usar Internet a 200 metros dos centros sociais e parroquiais así como na contorna da Marisma.

Acceder a páxinas web, ao correo electrónico ou facer calquera tipo de consulta a través da rede pódelle saír gratuíto a todos aqueles que vivan nun radio de 200 metros dos Edificios multiusos do Concello, tanto na Xunqueira como en Chapela, ou nas inmediacións dos centros parroquiais de Cesantes, Ventosela, Cabeiro, Saxamonde, Vilar de Infesta, Cedeira, Negros, Reboreda, O Viso ou Trasmañó. Un servizo que funciona tamén na contorna de A Marisma e no paseo do Río Pexegueiro. Eso si, para poder ter acceso a esta rede inalámbrica os usuarios deberán rexistarse previamente no Multiusos.
Aportando os seus datos e cubrindo unha folla de inscrición recibirán unha clave persoal que lles dará acceso a esta rede Wifi, un servizo de comunicacións gratuíto para os usuarios, e que permite, facendo uso de portátiles, PDAs ou smartphones, a conexión a Internet para unha navegación simple.
As altas das persoas usuarias poderanse facer directamente nunha oficina habilitada para este trámite no edificio Multiusos da Xunqueira (Paseo da Xunqueira, S/N), presentando unha solicitude debidamente cuberta e unha fotocopia do DNI xunto co orixinal para a súa comprobación. A folla de solicitude poderá recollerse in situ ou descargarse a través da páxina web do Concello de Redondela http://www.redondela.es/ .
Unha vez completado o proceso de rexistro, a persoa solicitante recibirá unha clave de usuario e un contrasinal para poder usar a rede.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará