Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fin de semana fatídico para o balonmán local

RR_Noticias

A SAR perdía definitivamente a categoría logo de caer derrotado en Gijón ante o Medicentro e o Paraxe despedíase das súas opcións de ascenso ao perder o encontro disputado en Chapela ante o Zamora

A Peguform SAR certificaba este sábado o descenso matemático da Primeira Nacional logo de perder pola mínima na súa visita ao campo do Medicentro. Os redondeláns saíron á pista nun último intento de acadar a salvación a pesar da complicada situación na que se atopaban e loitaron ata o final, tal e como o acredita o apertado do marcador do encontro: 22 goles a 21. A SAR está xa matematicamente descendido á Liga Autonómica.
Pola súa banda, o Paraxe Chapela dicía adeus a toda opción de xogar a Fase de Ascenso á División de Honor logo de que un gol do Inzamac Zamora a falta de tan só un segundo para o final do encontro os deixase sen posibilidades de situarse no segundo posto da categoría.
Os de Fran Teixeira tiveron o control durante boa parte do encontro, pero iso non evitou que acabaran perdendo por tan só un tanto, nun partido que remataba co resultado de 34-35.
Nada se xogan xa polo tanto os dous equipos locais que curiosamente protagonizaran na vindeira fin de semana o derbi deste final da tempada. Peguform e Chapela enfrontaranse o sábado no Pavillón de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará