Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Uns descoñecidos asaltan un despacho de avogados en Redondela

RR_Noticias

Os ladróns entraron nas oficinas que se atopan na rúa Padre Sarmiento durante a fin de semana e ademais de cartos leváronse material informático. Os feito foron denunciados na Policía Nacional.

Para acceder ao interior do despacho os ladróns empregaron un balcón do edificio no que se atopa o despacho. Todo apunta a que os asaltantes aproveitaron o tumulto da fin de semana para roubar o local de onde se levaron dous ordenadores, un aspirador e 700 euros en metálico.
Os propietarios decatáronse do roubo cando chegaron hoxe ás oficinas logo da fin de semana e xa deron parte á Policía Nacional quen iniciou xa as investigacións encamiñadas a identificar e localizar aos asaltantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará