Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un efectivo Choco imponse ó Atios

RR_Noticias

Os de Julio Álvarez adiantáronse cedo no marcador e souberon manter a vantaxe sobre os locais, que aínda que tiveron varias ocasións faltoulles acerto. Os redondeláns, con moito perigo á contra, acadaron o 1-3 definitivo que lles permite manterse na metade da táboa. Na Primeira Autonómica o Chapela escapa dos postos de descenso mentres o Arcade se afunde na clasificación cunha nova derrota.

Preferente Autonómica
Atios 1-3 Choco
Só filleron falta nove minutos para que o Choco se adiantara no marcador do Carballo, foi cun gol de Ropero na primeira chegada a portería dos redondeláns. E aínda que os locais dispuxeron dalgunhas ocasións para igualar o encontro, a falta de acerto e as boas intervencións do porteiro Choco impedíronllo. Os de Julio Álvarez fixeron o seu partido, aguantando o resultado, pechándose atrás e tentando o contraaque. A segunda parte comezou tamén cun gol do Choco moi cedo, no minuto cinco, por medio de Richi. Aínda que só dous minutos despois o Atios recortaría distancias cun gol de Curiel que poñía o 1-2 no marcador. Os minutos seguintes caracterizáronse por un interesante xogo, con ocasións para os dous equipos, e un Choco máis perigoso. O esforzo tivo os seus froitos e no minuto 87 os redondeláns sentenciaron o partido co 1-3 por medio de Eric. O resultado deixa ós de Álvarez na metade da táboa, son 10º. O domingo volven xogar fóra, no campo do Marín, da metade baixa da táboa.
Primeira Autonómica
Castrelos 1-2 Chapela
O Chapela non deixou pasar a oportunidade e impúxose ó Castrelos, que se afunde na clasificación. A vitoria deixa ós de Luis Ferreira un posto máis arriba, son 13º , e escapan polo de agora dos postos de descenso. O domingo reciben a un rival complicado, o Mondariz, da parte alta da táboa e que loita polos postos de ascenso.
Sp. Guardés 3-0 Arcade
Os de Jacobo Montes afúndense nos postos de descenso. Os guardeses tiveron un partido fácil e impuxéronse ó Arcade sen problemas. A derrota deixa ós de Soutomaior no posto 16º. O domingo recibirán na casa ó Caselas, da metade alta da táboa (8º).
Terceira Autonómica
Presqueiras 0-2 Cesantes
Os redondeláns non deixaron escapar a vitoria no campo do pechacancelas, o Presqueiras, e impuxéronse sen problemas por 0-2. O resultado deixa ós redondeláns na 6ª praza. A próxima fin de semana reciben ó Santomé (9º).
Soutomaior 0-1 Moraña
O Moraña, da parte alta da táboa, non fallou na súa visita a Soutomaior. Aínda que se impuxo cun único gol, tivo ocasións para ampliar a vantaxe. A derrota deixa ós locais na 8ª praza, o próximo domingo terán unha saída moi complicada, xogan no campo do líder do grupo, o Beluso.
Arcade B 1-0 Moaña B
Os de Soutomaior mantéñense na 10º posición da táboa logo de impoñerse pola mínima nun encontro entre filiais. A próxima xornada descansan.
Pereiro 1-4 Choco
O Choco non desaproveitou a oportunidade de impoñerse a un feble rival como o R.Pereiro, e fíxoo por goleada. Os redondeláns escalan unha posición na táboa, logo da vitoria, e xa son 4º. Na próxima xornada reciben ó Sampaio (7º).
Chaín 5-1 Vilar
O Vilar continúa nunha complicada situación, na parte baixa da táboa, logo de sufrir unha dura goleada no campo do Chaín. A a próxima cita será na casa, co S.Salvador, da metade alta da táboa.
Cumiar 2-3 Nespereira
O Nespereira sitúase na 11ª praza da táboa logo de impoñerse a un rival directo, o Cumiar. O domingo volven enfrontarse a un dos equipos cos que están bastante igualados, reciben ó Barciademera, un posto por baixo dos de Pazos.
Fútbol Sala-Autonómica Sur
Cortegada 5-1 Redondela
O FS Redondela non foi quen de superar ó pechacancelas, o Cortegada, e amosou unha vez máis o seu lado máis feble ó caer derrotados por goleada. Deste xeito os locais conseguían a súa segunda vitoria da temporada, e fixérono grazas ós erros dos de Manoliño. O sábado xogarán na pista o IES Coruxo, outros dos equipos da parte baixa da clasificación, están un posto por diante dos redondeláns e suman dous puntos máis.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará