Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP reclama maior control na zona azul

RR_Noticias

Insisten en que de nada serve crear prazas de aparcamento de zona azul co obxectivo de favorecer a rotación de vehículos se logo non existe un control real do tempo que cada turismo permanece estacionado no lugar. Reclaman ademais novas prazas en Vilavella e nas inmediacións do centro de saúde.

O PP insta ao goberno local a que tome medidas para solucionar a falta de aparcamento que existe na vila e que segundo denuncian prexudica ao comercio e á hostelería local ademais de causar importantes colapsos no centro urbano, afectando á calidade de vida, xerando ruídos e un maior gasto de combustible. Critican que dende a concellería de tráfico se anuncien medidas encamiñadas a favorecer a rotación de vehículos como a regulación do aparcamento co sistema de prazas de zona azul, que logo non son efectivas por carecer de control algún. Ese sería o caso do Campo da feira, onde a pesar de que os vehículos so poderían estar estacionados por un período máximo de 90 minutos esa restricción non é acatada polo condutores, xa que non se están a sancionar aos que superan ese tempo. Caso diferente é o da zona de Vilavella baixo o viaduto Madrid, onde dende hai meses operario municipais procederon a pintar de azul as liñas que delimitan as prazas pero nunca chegou a pórse en marcha o sistema de aparcamento limitado. Con todo, dende o PP entenden que ademais deste tipo de medidas é imprescindible incrementar o número de prazas existentes e lembran que dende o concello xa se recoñecera a existencia deste problema e se prometera “hai moitos meses habilitar e acondicionar determinadas zonas como aparcadoiros en superficie para tratar na medida do posible de paliar a escaseza de prazas”. Entenden que a solución no caso de Vilavella pasa por alugar parcelas a particulares para acomodar estes estacionamentos.

Alberto Pazos PP
O edil do PP lembra que a zona azul é ineficaz se non hai ningún control para os vehículos que non cumpren co límite establecido
Aparcamento en Vilavella
Propoñen alugar parcelas nas inmedicacións do Convento para crear máis prazas de aparcamento

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará