Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Matamá tentará revalidar o seu primeiro premio cunha recreación da Antártida 3011

RR_Noticias

Os 88 membros da comparsa viguesa acompañadas de dúas carrozas percorrerán as rúas de Redondela na tarde do domingo xunto a outras 15 agrupacións, no que será o desfile máis numeroso dos últimos anos

A comparsa da parroquia viguesa de Matamá, cuxos espectaculares traxes e carrozas lle valeron o pasado ano o primeiro premio no concurso de comparsas que organiza a Concellería de Cultura de Redondela, tentará este domingo revalidar o galardón. Logo de máis de catro meses de traballo, os seus 88 integrantes están xa preparados para saír á rúa cunha recreación do que podería ser a Antártida dentro dun século. Botando man da actualidade queren reflectir as pegadas que o cambio climático e a actuación directa do home poden deixar nesta paisaxe de xeo. Esta ano a competencia para os de Matamá é maior, xa que son un total de 16 as comparsas que participarán no desfile do domingo que comezará ás seis da tarde, aínda que xa dende as 16:30 as rúas do casco urbano permanecerán pechadas ao tráfico. Haberá tamén verbena na Praza do Concello amenizada polo grupo Costa Blanca. Con todo, as actividades comezarán xa na tarde de mañá sábado cunha xornada dedicada ao cativos. Os nenos terán o seu propio Entroido propio na Praza da Constitución onde se desenvolverán diferentes obradoiros de disfraces, globoflexia, caracterización e maquillaxe e outras actividades a partir das 16:30 horas.

Avelino Raimóndez comparsa de Matamá
Moito traballo e moito humor detrás da comparsa viguesa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará