Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A destrucción de emprego continúa na comarca

RR_Noticias

40 novas persoas anotáronse no último mes nas listas do INEM na comarca, que suman xa un total de 4.205 desempregados. O peor comportamento na evolución do emprego atopámolo unha vez máis en Redondela onde foron un total de 26 as persoas que perderon o seu traballo en febreiro ascendendo o total a 2.747 parados segundos os datos da Consellería de Emprego.

Os concellos de Soutomaior (809), Fornelos (253) e Pazos (396) experimentan un lixeiro cambio, sumando entre os tres 14 novos desempregados. Os datos poderían entenderse con todo comparativamente mellores que os de xaneiro, xa que nese mes foron 72 as persoas que se foron ao paro só en Redondela, fronte aos 26 que quedaron nesa situación nas últimas catro semanas.
Hai que suliñar ademais que o sector industrial, un dos máis castigados pola crise xunto cos servizos na comarca, poderían experimentar un novo revés logo de que a empresa Umbro, firma téxtil especializada en equipamento deportivo e afincada en Redondela, teña presentado un expediente de regulación de emprego de extinción para 8 dos 28 traballadores que integran actualmente o cadro de persoal da empresa. O axuste, xustificado por motivos económicos e de producción, atópase en fase de consultas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará