Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha exposición fotográfica homenaxea ás mulleres en Soutomaior

RR_Noticias

O BNG de Soutomaior organiza a mostra “Fotos de muller, mulleres de foto” que se poderá visitar na Alameda de Taloría entre o 4 e o 9 de Marzo. A presentación será o xoves 3 na Casa da Cultura de Arcade ás 20:30 horas.

As imaxes recollidas na exposición pretenden reflectir unha escolma da actividade das mulleres nos distintos eidos dende principios do século XX; épocas duras nas que o día a día implicaba o coidado da casa, a atención do home e dos fillos, mirar polos vellos, sacar o gando aínda que fora domingo, ou incluso cargar na cabeza dende Redondela o cadaleito para o defunto que agardaba na casa.
O BNG de Soutomaior pretende facer con esta exposición unha merecida homenaxe á Muller co fin de valorar como merece a súa función social, laboral, profesional e familiar dentro dunha sociedade que aínda hoxe non a recoñece en toda a súa extensión.
Na presentación, o xoves 3 de marzo ás 20:30 na Casa da Cultura de Arcade, intervirá o candidato á alcaldía a Fernando Herrero, a escritora Marta Dacosta, a interprete de arpa Lorena Reinaldo, a deputada Ana Pontón e a integrante das listas ao Concello de Soutomaior Carmen Dopazo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará