Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os controladores pasarán polo lume no entroido de Redondela

RR_Noticias

Un total de 16 comparsas desfilarán este domingo polas rúas do casco urbano que permanecerán pechadas ao tráfico a partir das 16:30 horas. A programación deste ano inclúe ademais verbenas e actividades para os cativos na tarde do sábado. O espectáculo de fogos de artificio do martes será este ano menos espectacular que en edicións anteriores por un recorte no orzamento.

O Entroido non se libra este ano da crise económica. A Concellería de cultura conta neste exercicio cun orzamento menor polo que se viu obrigada a reducir nalgunhas partidas o que afectará principalmente á tradicional tirada de fogos de artificio que serve para pechar as actividades do martes. O edil de cultura, Eduardo Reguera, explicaba que se reducirá nun 70% os cartos destinados a esta actividade, pasando dos 4.500 euros do ano pasado a 1.500 euros. Pero a crise parece que non afecta aos ánimos de xente á hora de participar activamente da festa. De feito, nesta edición bátese un récord de participación en número de comparsas. Serán un total de 16 as que desfilen polo casco urbano na tarde do domingo, algunhas chegadas de Vigo, Porriño ou Arcade pero tamén das parroquias da vila como “Os chourizos ao inferno” de Reboreda ou “a aldea de Saxamondix”. Non faltará tampouco a tradicional Tío Emilio ou o Camp de Chapela que acoden fora de concurso. Rematado o desfile haberá verbena na Praza do Concello amenizada polo grupo Costa Blanca. E tampouco faltará a música na xornada do martes, aínda que nesta ocasión a verbena trasladarase á praza de Ribadavia co grupo Hiroshima. E este ano, tirando da actualidade, o meco que se poderá ver a partir de mañá na casa do concello representará aos controladores aéreos. Actividades para cativos Os nenos terán tamén o seu Entroido propio, será na tarde do sábado na Praza da Constitución onde se desenvolverán diferentes obradoiros de disfraces, globoflexia, caracterización e maquillaxe e outras actividades a partir das 16:30 horas.

Eduardo Reguera edil de cultura
A crise tamén se fai notar no entroido
16 comparsas
Un éxito de participación
Queima do meco
Os controladores pasarán este ano polo lume

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará