Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Novo precintado na cementeira de Vilar

RR_Noticias

Axentes da policía local procederon na mañá de hoxe a precintar novamente varias das instalacións que a empresa Hormigones Vigo ten na parroquia de Vilar de Infesta. Unha medida que se ten demostrado pouco eficiente xa que días despois de cada intervención policial a empresa retira o precinto e retoma a actividade con normalidade.

A Policía Local de Redondela acudiu na mañá de hoxe e por décima vez nos últimos dous anos a precintar por orden da alcaldía parte da fábrica de formigóns de Vilar de infesta. O precinto de diferentes elementos da empresa ten sido reiterado por parte dos axentes da policía, pero a medida ten pouco efecto xa que os propietarios de Hormigones Vigo retiran os precintos e continúan coa actividade.
En concreto trátase do reprecintado de tres instalacións: unha mesturadora de formigón, un taller de 93 metros cadrados e unha edificación para a instalación de equipos cunha superficie de 89 metros cadrados, cuxas licencias están en fase de tramitación.
O último precinto das instalacións foi en xaneiro deste mesmo ano, pero os propietarios da empresa retiráronos para continuar coa actividade, actitude que podería ser constitutiva de delito.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará