Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os populares solicitan ao goberno local que financie o patio cuberto de Santa Mariña

RR_Noticias

O PP proporá esta tarde ao pleno do concello que a partida de 200.000 euros para afrontar esta obra se extraia do millóns e medio de euros que o Concello dispón para obras sen determinar. Os populares solicitan tamén na sesión que arrancará ás 19:00 horas a comparecencia de Reguera para explicar o futuro do auditorio de A Marisma

A demanda dun patio cuberto para o colexio Santa Mariña parece que será unha das protagonistas no pleno de hoxe. Si dende o BNG piden o apoio do resto dos grupos para solicitar á Consellería de Ensino que asuma a construcción desta infraestrutura, dende o PP solicitarán hoxe ao concello que sexan as arcas municipais quen financien o proxecto, que ascende a 200.000 euros.  Entenden os populares que esta partida podería extraerse dos 1.400.000 euros dos que o Concello dispón para obras sen determinar.
Pero non será esta a única moción presentada polo PP, partido que solicitará tamén que se paralicen todos os traballos de ampliación da AP-9 “para así garantir a conservación e potenciación do castelo de Rande” e demandarán ademais ao goberno local o asfaltado para acondicionar o aparcamento do centro da Sociedade Agraria de Reboreda.
Comparecencias
Por outra banda, o grupo popular pide a comparecencia do concelleiro de cultura e facenda, Eduardo Reguera para que dea explicacións sobre a situación actual das obras do novo auditorio e sobre cal é o futuro inmediato de dito proxecto. Tamén se lle reclamarán explicacións sobre a fonte piramidal que estaba previsto instalar na praza de Ribadavia. No pasado pleno de xaneiro aprobouse unha partida de 54.000 euros para a adquisición deste monumento aínda que semanas despois o goberno decidiu dar marcha atrás e anunciou que o farol non sería substituído pola fonte cuxo proxecto se lle encargou ao escultor Acisclo Manzano.
Os populares solicitan finalmente a comparecencia de Laura lago, concelleira de interior para que explique cal foi a información aportada polo Concello ao valedor do pobo con relación á problemática da localización e sinalización do camiño da Correola na parroquia de Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará