Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Asembleas informativas da A-59 en Redondela e Soutomaior

RR_Noticias

En Redondela convoca a xuntanza a Plataforma Cidadá quen informará aos afectados mañá xoves ás 20:00 horas no Multiusos, En Soutomaior o acto está convocado polo BNG para esta tarde ás oito na escola unitaria de Alxán

A Plataforma Cidadá convoca ao veciños a unha asemblea informativa sobre a futura autovía. O obxectivo deste acto é informar sobre a actual situación do proxecto, explicando o traballo que se leva desenvolvido dende a plataforma e dende o movemento veciña nestes últimos meses. Os afectados polo trazado desta autovía coñecerán cales son os procedementos que teñen que acometer e cales son os prazos, xa que será o día 3 de marzo cando remate o tempo dado por Fomento para presentar as alegacións correspondentes por parte dos afectados.
Tamén se informará na xuntanza das accións que a Plataforma ten previsto para os vindeiros meses coa vista posta nas próximas eleccións municipais de Maio.
Por outra banda, en Soutomaior será o portavoz municipal do BNG, Fernando Herrero e o avogado especialistas en expropiacións Calixto Escariz os encargados de abordar as incidencias do trazado da A-59 ao seu paso por este municipio. A charla, aberta a todos os interesados, celebrarase esta tarde ás 20:00 horas na escola unitaria de Alxán.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará