Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un motorista de Redondela “cazado” cando circulaba a 147 km/h por un tramo limitado a 50 en Cedeira

RR_Noticias

Ao infractor, J.M.P.A. de 35 anos de idade, impútaselle un delito contra a seguridade viaria pro exceso de velocidade. Os feitos tiveron lugar o pasado mércores na N-552 á altura da parroquia de Cedeira
 

Un radar da Garda Civil de tráfico detectou na tarde do mércores na estrada N-552 entre Vigo e Redondela a unha moto Ducati 916 SL cando circulaba a 147 kilómetros por hora nun tramo que está limitado a 50. Ao mozo, veciño de Redondela e de 35 anos de idade, impútaselle un delito contra a seguridade viaria por exceso de velocidade, xa que triplicaba o permitido na vía.
A Garda Civil instruíu as correspondente dilixencias que serán entregadas no Xulgado de instrucción número 1 de Redondela, onde o próximo día 8 celebrarase un xuízo rápido contra o imputado.
O tramo onde foi detectado o infractor é especialmente perigoso, por tratarse dunha recta onde os vehículos aproveitan para adiantar a grandes velocidades o que levou a instalar un radar que controla e se sanciona a aqueles condutores que superan a velocidade permitida, que está limitada a 50 kilómetros por hora por tratarse dun tramo urbano.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará