Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela inicia o ano con 72 novos desempregados

RR_Noticias

En total 94 persoas perderon o seu emprego na comarca no último mes, o que supón un incremento en torno ao 2% respecto do último mes de decembro. Os sectores máis afectados en Redondela son o sector servizos con 1365 desempregados e a industria con 712 parados.

O paro subiu en Redondela en 72 persoas durante o pasado mes de xaneiro, o que supón que actualmente estean anotados nas oficinas do INEM do concello un total de 2.721 persoas. Continua así unha tendencia que se xa se consolidou no pasado 2010, cun incremento paulatino no número de parados.
Servizos e industria son con moito os sectores mías afectados polo desemprego, con 1365 e 712 persoas en situación de busca de emprego respectivamente, ademais son as mulleres as máis afectadas pola actual situación, sendo 1600 as que se atopan paradas fronte aos 1.121 desempregados varóns que topamos nas listaxes do INEM.
A caída do emprego constátase no resto dos concello da comarca, sendo pazos de Borbén o único que non sofre variación respecto ao mes anterior e se mantén nos 391 parados. Sí se incrementou o paro en Soutomaior e Fornelos en torno ao 2%. No primeiro caso o número de parados ascende a último mes de xaneiro a 803 persoas mentres en Fornelos de Montes as cifras falan de 250 desempregados .

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará