Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

En maio estará rematada a piscina de Chapela que dará servizo a uns 12.000 veciños

RR_Noticias

A primeira fase do Centro de Deportes Acuáticos de Chapela estará rematada o próximo mes de maio, segundo anunciou este mediodía o alcalde, Xaime Rei, durante unha visita ás obras que realizou acompañado do subdelegado do Goberno, Delfín Fernández. Ambos salientaron que este proxecto incluído no Plan E cun orzamento de tres millóns de euros supuxo a creación de 70 postos de traballo.

No Concello de Redondela afirman que non será preciso esgotar o prazo de seis meses de prórroga outorgado polo goberno central para rematar a piscina e o novo local do Club de Remo de Chapela. Estes traballos, que supoñen a primeira fase do Centro de Deportes Acuáticos de Chapela estarán rematados no mes de maio, tal como confirmou este mediodía o rexedor redondelán, Xaime Rei. Fíxoo no transcurso dunha visita ás obras, na que estivo acompañado polo subdelegado do Goberno, Delfín Fernández. Actualmente xa remataron as obras do local que albergará o Club de Remo e os vestiarios, e o vaso da piscina xa conta co revestimento de formigón. O orzamento desta fase do complexo deportivo ascende a 2.987.433 euros. Rei Barreiro destacou que se trata dunha importante infraestrutura para Chapela, que dará servizo non só á poboación desta parroquia, senón tamén a outros das proximidades, “beneficiando a uns 12.000 veciños”. O alcalde salientou tamén que o proxecto “supuxo a creación de 70 postos de traballo”, dos que 40 estaban en situación de desemprego. Delfín Fernández valorou tamén positivamente a dinamización do emprego grazas a obras deste tipo. E no caso do Centro de Deportes Acuáticos de Chapela, a súa posta en funcionamento suporá ademais outros 20 empregos directos e estables. Da segunda fase deste centro (que incluirá un “spa”, ximnasio e cafetería) farase cargo a empresa concesionaria que xestione as instalacións. O subdelegado do Goberno lembrou que coas actuacións levadas a cabo co Plan E o Concello de Redondela realizou un total de 23 actuacións cun investimento de 8,3 millóns de euros e a creación de 237 empregos.

Xaime Rei alcalde
O rexedor destaca a importancia desta obra para Chapela
Delfín Fernández subdelegado do Goberno
Fernández eloxia a obra coa que se crea emprego e se rexenera o litoral

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará