Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Fomento descoñece cando se reiniciarán os traballos das tuneladoras no Maceiras

RR_Noticias

O Ministerio explicou, a raíz dunha pregunta da nacionalistas Olaia Fernández Davila, que aínda non ten datas para o reinicio dos traballos das tuneladoras do AVE avariadas dende o verán pasado. Unha situación que afecta a máis de un cento de traballadores.

O Ministerio de Fomento vén de emitir unha resposta parlamentar á deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, na que non concreta cando voltarán estar en funcionamento as tuneladoras do AVE Vigo-As Maceiras, avariadas desde o verán do ano pasado.
A deputada do BNG solicitou información ao Ministerio “polo despedimento de 107 traballadores da UTE e outros 70 de subcontratas, debido á avaría nunha das máquinas tuneladoras”. Unha situación que “se vai alongar no tempo xa que o Ministerio non dá datas de reinicio das obras que poidan tranquilizar ao colectivo dos traballadores afectados”.
Davila asegura “non entender como se tarda tanto tempo en solucionar un problema técnico, cando problemas similares ocorridos na construción dos túneis de Guadarrama e Pajares se solventaron nun prazo dunhas semanas”.
Os responsables de Fomento pola súa banda agradan que “proximamente se reanuden os traballos” e explican que o problema técnico da tuneladora coñecida como “A Lebre” que sufriu o 18 de xullo “un atrapamento provocado polo desgaste dos cortadores de gálibo” aínda non foi solucionado. Tamén se refire á tuneladora coñecida como “A Miñoca” dicindo que “o Ministerio está a realizar xestións para axilizar a tramitación administrativa para aprobar o proxecto complementar que permitirá a continuidade desta máquina”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará