Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A ANPA do Santa Mariña entrega en Educación 3000 sinaturas para reclamar un patio cuberto

RR_Noticias

O vindeiro martes ás 11:00 horas teñen previsto reunirse co Delegado de educación en Pontevedra a quen lle trasladarán a súa solicitude que pasa pola construcción dun patio cuberto no centro de primaria que permita os rapaces saír ao recreo cando se produzan precipitacións.

Pais e nais do colexio de primaria desprazáronse na mañá de hoxe á Delegación de Educación en Vigo para entregar as máis de 3000 sinaturas para demandar a construcción dun patio cuberto no centro.
Representantes da ANPA, reuníranse no inicio de curso con responsables da Consellería pero a administración rexeitou a súa petición argumentando motivos orzamentario aínda que os pais entenden que os 200.000 euros que custaría cubrir unha parte do patio do colexio non xustifica que non se realice a obra. Lembran ademais que ao carecer deste patio os nenos non poden sair ao recreo nos días de choiva e ademais perden o 50% das clases de Educación Física que son as que está estipulado impartir ao aire libre.
Ademais da campaña de recollida de sinaturas, pais, nais e nenos xa se manifestaron ás portas do colexio e non desbotan convocar novas mobilizacións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará