Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco céntrase na permanencia como obxectivo

RR_Noticias

Despois dos negativos resultados colleitados nos últimos encontros, o equipo redondelán sitúase na 14º posición da táboa. Moi lonxe queda o obxectivo de situarse entre os postos de cabeza, como nas últimas temporadas, e agora a preocupación do club e garantir a permanencia canto antes. A súa próxima cita é no campo do Ourense B.

As lesións, sobre todo na liña defensiva, e as decisións arbitrais, están a condenar esta temporada ó Choco a unha complicada situación na táboa. Con todo, o técnico Julio Álvarez non quere excusarse na “mala sorte” para xustificar os resultados do equipo, na 14ª posición da táboa. O adestrador fai tamén autocrítica e lamenta que ó equipo, en ocasións, faltoulle “competitividade” e “motivación”, xa que a marcha negativa na liga afectoulles a nivel anímico. No último encontro, disputado o domingo en Santa Mariña, empataron a un gol co Pontellas e conseguiron salvar un punto pese a rematar o encontro con dous homes menos. Por iso o técnico valorou positivamente o esforzo dos xogadores, ó tempo que lamentou que unha vez máis as decisións arbitrais prexudicasen ó conxunto redondelán. Agora queda xa lonxe o obxectivo marcado a principio de temporada de situarse entre os postos de cabeza nesta liga. Coa actual situación do equipo a única aspiración de Julio Álvarez é salvar a categoría canto antes. Para iso o técnico calcula que precisarán “sete ou oito vitorias”, xa que son moitos os equipos con opcións de descender esta temporada. Para sumar puntos canto antes, Álvararez asume que será moi importante o encontro deste domingo na cidade das Burgas co Ourense B. Un partido complicado, entre outras cuestións polo horario, xa que se disputa ás 12.00 horas, algo ó que non están acostumados os xogadores do Choco, que terán que madrugar para desprazase a Ourense. Con todo, o adestrador confía nas posibilidades do equipo redondelán, que demostrou ter calidade para enfrontarse “a calquera equipo” desta liga.

Julio Álvarez adestrador
O equipo fíxase a permanencia como obxectivo real.
Ourense B-Choco
Os redondeláns terán o domingo un partido complicado na cidade das Burgas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará