Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os afectados pola AP-9 piden celeridade á xustiza para resolver o Contencioso

RR_Noticias

A Audiencia Nacional citou aos afectados pola ampliación da autoestrada para que expliquen o estudo no que sustentan que a obra debe ser sometida a estudo de impacto ambiental por parte do Ministerio.

En Vigo ou en Madrid, a asociación de afectados pola ampliación da AP-9 deberán explicar ante o xulgado o seu estudo técnico no que recollen os motivos polos que ao seu entender é preceptivo que o Ministerio de Medio Ambiente someta a estudo de impacto ambiental a ampliación da AP-9. Este é un paso máis no proceso xudicial aberto pola asociación logo de interpor un contencioso administrativo ante a Audiencia nacional. O secretario da asociación, Roberto Villar, explica que o estudo feito por técnico para o colectivo desmonta “os argumentos de Audasa” facendo fincapé en que é imprescindible someter a obra prevista por Fomento a Estudo de impacto ambiental por tratarse dunha actuación en zona LIC (Lugar de Interese Comunitario) Os afectados piden agora celeridade á xustiza, xa que temen que si a sentencia se atrasa e as obra comezan non haxa marcha atrás. Lembran casos como o do porto deportivo de Marín, onde a sentencia obrigaba a facer estudo de impacto ambiental, pero cando se ditou a obra xa estaba feita. Por outra banda, o colectivo está a preparar un calendario de mobilización de cara á ás semanas anteriores ás eleccións de maio.

Roberto Villar afectados AP-9
Villar explica os motivos que obrigan a que a obra conte con estudo de impacto ambiental
Atrasos na xustiza
Temen que a setencia non se produza antes de que comece a obra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará