Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alcoholemias e exhibicionismo manteñen en vilo á policía local na fin de semana

RR_Noticias

Dous dos detidos en Redondela quintuplicaban a taxa de alcohol o volante cando foron sorprendidos polos axentes. O terceiro detido, na parte traseira do Multiusos está acusado dun delito de exhibicionismo e atentado á autoridade logo de agredir a un axente cando se procedía á súa detención

Dous condutores foron detidos en Redondela logo de someterse á proba de alcoholemia e quintuplicar o límite legal permitido. O primeiro detido foi na tarde do sábado, Manuel J.V. sesaxenario pontevedrés foi sorprendido dando banzados conducindo un Renault Clio na rúa Ernestina Otero polo que os axentes procederon a realizarlle aproba de alcoholemia dando unha taxa de 1’30.
O segundo, un redondelán de 35 anos de idade Julio Cesar O.L. foi sorprendido nun control preventivo na Praza de Ribadavia e deu 1’10 ás tres da madrugada do domingo.
Houbo un terceiro arrestado na fin de semana, un mozo de 27 anos de idade que foi detido ás 20:00 horas da tarde do venres acusado de exhibicionismo e atentado contra a autoridade. O mozo, veciño de Reboreda Javier M.L. segundo informou a policía local, espiuse de cintura para abaixo no paseo de A Xunqueira onde se atopaban varios menores e realizouse tocamentos. Cando os axentes acudiron a identificalo golpeou a un deles que precisou asistencia médica. Finalmente conseguiron reducilo e presentouse na comisaría de Vigo.
Un cuarto detido Jose María R.P. veciño de Redondela foi arrestado logo de ser sorprendido cando estaba a romper unha persiana dunha vivenda na rúa Prata

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará