Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Paraxe Chapela non perdoa na súa visita ao campo do Oviedo

RR_Noticias

O equipo de Fran Teixeira acadou unha nova vitoria na súa visita a Asturias, mentres a Sar desaproveita o encontro disputado na fin de semana na bomboneira. Os redondeláns tiveron que conformarse co empate no encontro que os enfrontou co Zamora

Perdeu a Sar unha boa oportunidade para sumar dous puntos e non logrou pasar do empate no partido disputado en Redondela ante o Zamora. O encontro rematou con empate a 32 goles, un reparto de puntos que non é un bo resultado para a Sar que continúan na penúltima praza da categoría.
O primeiro tempo foi para os locais quen non conseguiron manter o partido e permitiron que os visitantes igualaran o marcador no tramo final do encontro.
Na vindeira semana a Peguform, que se atopa no decimoterceiro posto viaxará a casa do sexto clasificado, o Magope
Pola súa banda O Paraxe Chapela colleitou unha nova vitoria, aínda que con maior dificultades do previsto xa que se enfrontaba ao último da táboa o Base Oviedo. De feito, non sería ata os últimos dez minutos de partido cando o Chapela conseguiu encarrilar un partido onde os xogadores do Oviedo se resistían á derrota. O encontro rematou co resultado de 23-26 no marcador.
Na terceira posición aséntanse agora os de Chapela que na vindeira semana recibirán ao décimo clasificado, o Cine.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará