Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños infórmanse do trazado da A-59

RR_Noticias

Ata o 22 de febreiro estará a exposición pública o proxecto do trazado da autovía A-59 no Multiusos da Xunqueira. O prazo para facer alegacións rematará o día 10 de febreiro. Son máis de 900 as propiedades que resultarán afectadas por esta vía de alta capacidade no municipio, e o maior problema co que se atopan os donos é coa dificultade de ubicar os seus terreos nos planos do trazado. Moitos deles terán que facer alegacións e xustificar a súa propiedade na Unidade de Estradas do Estado, en Pontevedra.

Veciños e veciñas, afectados polo trazado da autovía A-59, están a pasar estes días polo Multiusos da Xunqueira, onde o Concello pon a disposición dos veciños os planos do trazado e a relación de propiedades afectadas. O prazo de exposición pública rematará o día 22 de febreiro, e o período de alegacións está aberto ata o día 10 de febreiro. No municipio de Redondela son 902 as propiedades afectadas por esta vía de alta capacidade, non só de particulares, senón tamén outras de propiedade pública, como camiños e zonas de monte comunal. A maioría dos terreos pertencen a zonas de monte, mato e piñeirais. Un problema que se repite para moitos dos afectados é a dificultade de ubicar os seus terreos nos planos do trazado, xa que en moitos casos o propietario aparece como “descoñecido” na relación de parcelas que establece o Ministerio de Fomento, noutros casos o nome do propietario non coincide co do actual dono. O que acontece, segundo explican os técnicos, é que ó tratarse maioritariamente de zonas de monte, os propietarios non teñen actualizada a documentación no castastro. Moitos dos afectados terán que facer alegacións e xustificar a súa propiedade na Unidade de Estradas do Estado, en Pontevedra. É o caso de Pura, unha veciña do Viso que asegura que os planos “están mal feitos”, xa que as parcelas que se establecen no mapa non se corresponden coa realidade. O mesmo lle acontece a Enrique, que non figura como titular duns terreos que mercou hai anos. Con todo, para este veciño do Viso a autovía “será positiva”, xa que mellorará a comunicación entre Redondela e as cidades de Vigo e Pontevedra, e aliviará o tráfico na vila. Outros veciños, como Quino, lamentan que non se teñan valorado outras alternativas “menos prexudiciais” para o territorio, como o enlace coa A-57, que discorre en paralelo, o que “aforraría moitos cartos” nestes momentos de crise e sería “menos agresivo” co entorno. O vial contará cun orzamento estimado de licitación de 427,6 millóns de euros, e terá unha lonxitude de 30 quilómetros, desde a Ermida, no termo municipal de Pontevedra, conectando coa PO-532 para rematar en Peinador.

Pura afectada
Esta veciña critica que as parcelas esablecidas co plano non se corresponden coa realidade
Enrique afectado
Este veciño valora positivamente a creación da autovía
Quino veciño
Estet veciño lamenta que o Ministerio non tivera en conta outras alternativas menos prexudiciais e máis económicas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará