Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A falta de definición castiga ó FS Redondela

RR_Noticias

Os pupilos de Manoliño levan varias semanas colleitando resultados negativos na liga de Autonómica Sur. No último encontro disputado en Redondela, diante do Bembrive, repetiuse o mesmo guión. A pesares do xogo do equipo, con ocasións e unha boa formulación, os goles non chegan pola falta de definición.

O equipo de fútbol sala de Redondela ten todos os ingredientes necesarios para acadar bos resultados: traballan duro nos adestramentos, están en boa forma física e a formulación dos partidos lévaos a dispoñer de boas ocasións de gol. Pero os resultados non chegan, a falta de acerto diante de portería están a condenar ós de Manoliño, e acumulan xa varias derrotas. Estes resultados fixéronos descender ata o 14º posto da liga, aínda que hai que ter en conta que os redondeláns teñen un partido menos disputado. Con todo, o técnico confía en mellorar esta situación nas próximas semanas. Manoliño explica que son moitos os equipos que están “bastante igualados” na táboa, e que a diferencia de gañar ou perder un partido supón variar “tres ou catro posicións” . A próxima cita téñena o sábado en Poio, que adianta ós redondeláns en tan só un punto.

Manoliño adestrador
O técnico lamenta a falta de acerto do equipo de cara ó gol.
Poio- FS Redondela
O sábbado disputan un difícil partido en Poio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará