Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O debate das pensións chega ao Concello a través dunha moción do BNG

RR_Noticias

Os nacionalistas solicitan o apoio do resto dos grupos para reclamar do Goberno estatal que retire a actual proposta sobre a reforma das pensións. A través dunha segunda moción propoñen solicitar ao executivo de Zapatero que ningún ben de primeira necesidade, como a luz, o gas e a auga, incremente o seu prezo por riba do IPC.

O pleno de mañá mércores ás 19:00 horas abordará a reforma das pensións que estes días de está a debater no estado. Dende o Bloque solicítase o apoio do resto dos grupos para instar ao goberno de Zapatero a que retire a actual proposta sobre a reforma. Fan fincapé principalmente na necesidade de demandar que a idade legal de xubilación non sexa modificada e se manteña nos sesenta e cinco anos. Defenden tamén que o período para o cálculo da contía da pensión se manteña nos quince anos de cotización, podendo optarse por fórmulas que permitan seleccionar o período da vida laboral con maiores bases de cotización da futura persoa pensionista.
Por outra banda tamén demandan da Xunta que incremente a dotación orzamental para a inclusión social e, en concreto, incrementar a contía da RISGA e das Axudas de
Emerxencia Social.
Nunha segunda moción o grupo municipal do BNG solicita do pleno do Concello que se instar ao executivo estatal “a dar marcha atrás á subida da luz e gas decretada polo Goberno, de xeito que en ningún caso o seu prezo se incremente por riba do IPC”.
Argumentan que a actual situación de crise económica está a provocar importantes dificultades económicas en moitos fogares galegos polo que non se debe cargar ás economías familiares con  subidas no custo dos seus consumos básicos como as previstas dun 9,8 por cento no recibo da luz e en torno ao 4% na factura do gas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará