Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os comuneiros alertan das repercusións medioambientais da A-59

RR_Noticias

Cinco parroquias e varias comunidades de montes Veciñais en Man Común – Vilar, Saxamonde, Quintela, Reboreda, Ventosela e O Viso – alertan dos prexuizos medioambientais e paisaxísticos que o trazado da A-59 vai provocar en todas as zonas afectadas.

Por este motivo están a desenvolver diferentes actos informativos co gallo de trasladarlles aos veciños de cada parroquia á información da que dispoñen respecto do trazado aprobado inicialmente polo Ministerio de Fomento. Tamén queren neses actos  chamar á mobilización ante unha obra que entenden que é moi prexudicial para o territorio, que non é necesaria e que vai provocar desmontes, aterramentos e perda de manaciais. En Ventosela o presidente da comunidade de Montes, Feflix Cal entende que esta infraestrutura “destrozará unha paisaxe que está en fase de recuperación logo dos incendios do 2006”. Os diferentes colectivos que días atrás manifestaron o seu rexeitamento a esta obra continúan cunha campaña de recollida de sinaturas e entenden que contarán co apoio da xente no caso de convocar actos de protesta xa que “a xente está inquieta ante o oscurantismo no que se está a desenvolver todo o proceso e a falta da información xeneralizada por porte dos veciños”. En Ventosela celebran o domingo día 30 unha asamblea informativa ás 11:00 horas.

Feliz Cal Comunidade montes de Ventosela
Alertan dende as comunidades dos prexuizos que a A-59 terá nos montes parroquiais
Oscurantismo
Critican a falta de información e a difilcultade de entender os planos que se atopan no multiusos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará