Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Gabriel Sánchez Ibarra: “A comunidade internacional so desembolsou o 10% da axuda a Haití”

RR_Noticias

Cando se cumpre un ano do terremoto que devastaba o país caribeño, o cooperante de Médicos Sen Fronteiras (MSF) lembra a obriga moral da comunidade internacional para colaborar cun plan de reconstrucción que se vai prolongar cando menos durante unha década.  Denuncia as condicións de vida que continúan a padecer un millón de haitianos que quedaron sen fogar.

Un ano despois de que o devastador terremoto de Haití se cobrara a vida dunhas 222.000 persoas e deixara a un millón e medio de persoas sen teito, os haitianos continúan enfrontándose a unhas durísimas condicións de vida e a unha pandemia de cólera que afecta a todo o pais pese a terse producido o maior despregue de axuda humanitaria no mundo. Unha das ONGs que está a traballar no pais é Médicos Sen Fronteiras, unha asociación que estima que a reconstrucción vai demorarse cando menos unha década. Gabriel Sánchez Ibarra, cooperante redondelán desprazado no país caribeño por MSF entende que eses dez anos poderían prolongarse aínda máis se non se dan dous requisitos principais: por unha banda que as autoridades haitianas sexan quen de liderar o proceso en contacto directo coa sociedade civil e, por outro lado, que a comunidade internacional cumpra o compromiso de financiar o plan de reconstrucción que dote ao país de servizos imprecindibles. Sánchez Ibarra non dubida en responsabilizar en gran medida da difícil situación dos haitianos aos incumprimentos da comunidade internacional “quen doce meses despois do terremoto so desembolsou o 10% da achega comprometida” así como á propia inestabilidade política do país. Superada a primeira fase de emerxencia a día de hoxe a labor de Médicos céntrase en afrontar problemáticas aparelladas á situación na que seguen a vivir milleiros de persoas, xa que se estima que son un millóns de persoas as que continúan sen fogar e vivindo baixo tendas. Unhas condicións de vida que favorecen epidemias como o cólera pero tamén outro tipo de patoloxías. O orzamento proxectado para as operacións de MSF en Haití no 2011 é de 46 millóns de euros para manter unha rede de seis hospitais privados en Porto Príncipe cunha capacidade de ata 1.000 camas e para manter o apoio dos hospitais do Ministerio de Saúde. Tamén prevé esta organización outras actuacións médicas fora da capital. Pero tamén dende a organización entenden como parte da súa obriga demandar a todos os actores que se comprometeron a colaborar na reconstrucción que cumpran as súas promesas o antes posible.

Gabriel Sánchez Ibarra cooperante MSF
Necesitaranse alo menos 10 anos para reconstruir o pais
Críticas á comunidade internacional
Os fondos liberados ata o de agora son só un 10% do comprometido
Situación actual
O cólera e outras paoloxías son produto da situación de vida de moitos haitianos desprazados e sen fogar

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará