Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG inicia unha campaña de recollida de sinaturas contra a lei de augas

RR_Noticias

Os nacionalistas celebran este venres na antiga escola de Tuimil no Viso un acto informativo aberto a todos os veciños e orientado principalmente ás Comunidades de Augas no que se analizarán as consecuencias que a nova lei terá para os veciños do rural.

O BNG denuncia que a Lei de augas aprobada en novembro pasado polo Partido Popular en como único obxectivo “aumentar a súa capacidade recadatoria cun ben de primeira necesidade” xa que coa xustificación de que dita lei vai permitir un uso máis racional deste recurso natural “o único que se pretende é ampliar a un maior número de veciños e veciñas o pago de novos impostos sen recibir contraprestacións a cambio”.
Engaden que coa nova Lei amplíase o canon da auga e de saneamento, co que practicamente todas as vivendas do rural deberán pagar un novo imposto, que de termo medio pode superar os cen euros anuais.
Outra das normativas que recolle a lei é que “todas as casas deberán dotarse de contadores homologados, e no caso das traídas veciñais deberán ser estas as que fagan un control periódico do consumo de cada comuneiro o que vai agravar aínda máis a situación destas entidades ao complicarlles moito máis o seu labor”.
No acto informativo que o BNG celebrará este venres ás 20horas na antiga escola de Tuimil, na parroquia de O Viso iniciarase unha campaña de recollida de sinaturas orientada a reclamar a derrogación da lei. Participarán o concelleiro de Medio Ambiente, Carlos Pazos, quen estará acompañado polo responsable local do bloque Xoán Carlos González e a candidata nacionalistas Cecilia Pérez Orge.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará