Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela crece e Soutomaior lidera o empurre demográfico na área metropolitana

RR_Noticias

O concello de Redondela gañou o ano pasado 66 veciños e con 30.067 habitantes continúa a ser o segundo máis poboado de toda a área metropolitana, tan só superado por Vigo. A pesar do crecemento e segundo os datos aportados polas últimas estatísticas, é outro municipio da contorna moito máis pequeno o que lidera o empurre demográfico. Falamos de Soutomaior, municipio que no 2010 gañou 277 habitantes o que supón un incremento dun 3’8%.

No lado oposto atopamos Fornelos de Montes e Pazos de Borbén, cuxo censo continúa a diminuir. Dez habitantes menos foron os contabilizados no último ano en Fornelos que queda con 1.966 veciños e once son os habitantes que perdeu Pazos, concello que a día de hoxe contabiliza 3.159 veciños.
O importante crecemento experimentado por Soutomaior débese, ao entender do propio alcalde, a que nos últimos tempos se fixo dende a administración local un esforzo para que todos os residentes no municipio se censaran no Concello. A política seguida para lograr este obxectivo foi poñer en marcha actividades das que só se podían beneficiar aquelas persoas que estaban empadroadas. A isto hai que engadir a súa proximidade con Pontevedra e o feito de que os prezos da vivenda sexan máis asequibles que noutros concellos do sur de Vigo o que fai que sexan moitas as familias xóvenes que se trasladen ao seu territorio. Algo que se nota tamén na idade media do municipio que se sitúa nos 40 anos cando en Redondela ou Vigo a media de idade dos seus habitantes está por riba dos 42. No lado contrario novamente están os outros dous concellos que conforman a comarca, en Pazos a idade media é de 45 anos e un panorama aínda menos optimista atopamos en Fornelos onde a media de idade dos veciños supera os 48 anos.
Como curiosidade apuntar tamén que en Soutomaior homes e mulleres casan ao redor dos 30 anos, mentres que en Redondela os homes fanno con praticamente 32 anos e as mulleres con 29. En Fornelos os homes esperan atta os 37 anos para tomar a decisión de casar mentres que as mulleres fanno con algo menos, con 32 anos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará