Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os redondeláns valoran positivamente a prohibición de fumar nos locais de hostalaría

RR_Noticias

Primeiro fin de semana sen fume logo de que o pasado 2 de xaneiro entrara en vigor a nova lei que prohibe acender un cigarro en bares, restaurantes e calquera lugar pechado a proba da fin de semana superouse con éxito no noso concello. De feito, dende a Policía Local apuntan que non se teñen recibido queixas nin denuncias sobre posibles incumprimentos e que a norma está a ser respetada por clientes e propietarios.

Os fumadores recibiron a lei con resignación ou incluso con optimismo xa que ao seu entender podería facilitar o cumprimento dun desexo que moitos se marcan co inicio do ano: deixar de fumar. A saúde de camareiros e clientes é o argumento empregado polos defensores da lei. Os propietarios dos locais tamén aplauden a nova normativa aínda que se mostran temerosos polas repercusións que poida ter na caixa. Saben que haberá quen deixe de ir tomar o café porque non poida acompañalo do tradicional pitillo. No lado positivo non o dubidan: a roupa non cheira, o ambiente é mais agradable e non haberá que pintar tanto as paredes. Para contrarrestar a posible baixa de clientela aparellada á aplicación da lei apunta que haberá que habilitar as terrazas. Antonio Cuntín, do local Café da Vila entende que haberá que esperar un par de meses para facer unha valoración máis polo miúdo sobre si diminuíu ou non o número de clientes. Outros pola contra poñen o acento no feito de que houbo quen investiu unha importante cantidade económica para acondicionar os seus locais e agora ven que aquela obra foi tirar cos cartos. Os que se mostran máis remisos a esta lei falan de intolerancia cara os fumadores, aínda que si entenden que as administracións teñan que adoptar medidas encamiñadas a salvagardar a saúde de todos.

Deixar de fumar
Hai fumadores que aproveitarán a lei para tentar deixar o vicio
Diminución dos clientes nos bares
Os propietarios temen que a lei supoña unha redución na caixa
Investimentos non rentabilizados
Algúns locais fixeron obras que agora non serven para nada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará