Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Chapela comeza con dificultades a segunda volta

RR_Noticias

Á derrota en Tomiño hai que sumarlle numerosas baixas no equipo, entre lesións e compromisos laborais dos xogadores. O adestrador, Luís Ferreira, confía en recuperar algúns efectivos nas próximas semanas pero augura dous meses “difíciles”. Con todo é optimista ante o partido que xogan o domingo co Domaio.

A Primeira Autonómica é unha categoría complicada, con moita igualdade entre a maioría dos equipos e na que, ademais, pode darse que ata cinco equipos descendan, en función dos arrastres das categorías superiores. Iso supón un problema engadido para o Chapela, recentemente ascendido a esta categoría. Os de Luís Ferreira comezaron a liga con solvencia, a pesares de ser un equipo novo, e defendéronse con solvencia. A sorte comezou a virar no mes de decembro, onde acumularon numerosas baixas por lesións dos xogadores, e tamén polos compromisos laborais dalgúns deles. Deste xeito Ferreira non pode contar co equipo titular e augura que lle quedan por diante “dous meses moi duros”, aínda que agarda poder recuperar algún efectivo nas vindeiras semanas. No primeiro encontro da segunda volta desta liga perderon en Tomiño, por 2-0, un resultado que o técnico cualifica de “inxusto”, xa que o Chapela desperdiciou ata tres ocasións no primeiro tempo, mentres os locais souberon aproveitar os dous erros defensivos do equipo redondelán. Con todo, agarda que a súa sorte cambie a partires do domingo, cando reciben ó Domaio. Trátase dun rival directo, que tamén se sitúa na parte baixa da táboa aínda que suma tres puntos máis que os de Ferreira. En Chapela están convencidos que, cun pouco de sorte, poden acadar un resultado positivo da visita dos do Morrazo.

Luis Ferreira adestrador
O técnico analiza as causas dos malos resultados
Chapela-Domaio
No club confían superar ós do Morrazo este domingo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará