Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Millo Verde aposta pola música e o teatro

RR_Noticias

Co obxectivo de crear un grupo de teatro estable, a Asociación organiza un curso de teatro que comezará a impartirse o martes 18. Unha actividade que ven engadirse ao tradicional concurso de maquetas cuxa cuarta edición está xa en marhca

A asociación Millo Verde pon en marcha neste inicio de ano unha actividade na que levaban tempo a traballar: un curso de teatro cuxo obxectivo é dar paso a un grupo de teatro permanente. Ao longo de catro meses dous profesores encargaranse de achegarlle aos participantes técnicas de expresión corporal, interpretación e técnica vocal. O curso, cun máximo de 15 alumnos está previsto que comece o martes día 18 de xaneiro. Impartirase os martes e xoves en horario de 20:30 a 22:30 horas ao longo de catro meses. No caso de que funcione logo dese periodo podería ampliarse para que os participantes poidan perfeccionar o aprendido. O custe do curso ascende a 25 euros mensuais os interesados poden inscribirse no enderezo teatromilloverde@gmail.com ou nos teléfono 615169587 ou 615699949. Concurso de maquetas Unha actividade que se engade ao tradicional concurso de maquetas cuxo prazo de participación está xa aberto. Mantéñense os requisitos de edicións anteriores, isto é poderán participar todos os grupos ou solistas con residencia Na Galicia ou Portugal que non teñan disco editado, admitiranse traballos encadrados en calquera estilo musical e de entre todos os traballos seleccionaranse un mínimo de tres finalistas que participarán nunha festa concerto que terá lugar o 15 de abril. Serán os asistentes a esa cita os encargados mediante votación de decidir o gañador deste ano O galardoado obterá o dereito a formar parte do festival Millo Verde que terá lugar os días 10, 11 e 12 de xuño e percibirá 300 euros como contrapartida.

Ricardo Figueroa Millo Verde
O curso de teatro durará catro meses pero podería ampliarse posteriormente
Concurso de maquetas
Abero o prazo para a recepción de traballos ata o 5 de marzo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará