Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Papá Noel visita a praza de Ribadavia

RR_Noticias

A carpa instalada diante da Casa da Torre pola asociación de empresarios de Redondela recibirá hoxe e mañá a visita de papa Noel, quen esta tarde dende as cinco e ata as sete recollerá as cartas dos máis cativos quen poderán tamén gozar de diferentes actividades e xogos infantís.

Na xornada de mañá día 24, a carpa desenvolverá as mesmas actividades en horario de 11:30 a 13:30 e na vindeira semana contará coa actuación de Tanxarina, quen o luns porá en escena a obra de monicreques “Os narigudos” en dous pases ás doce do mediodía e as cinco da tarde. Unhas actividade que a asociación empresarios pon en marcha nestas datas orientadas a animar o centro comercial aberto e favorecer así que os clientes fagan as súas compras nos comercios da vila. Unhas xornadas nas que non faltará  tampouco a animación de rúa. Na vindeira semana tamén comezará a funcionar, dende o 27 de decembro ata o 7 de xaneiro o servizo de ludoescola. Un servizo que persegue facilitar as compras en horario de mañá dando aos pais e nais unha alternativa gratuíta adquirindo as sáus entradas nos comercios asociados.

Julia Alonso Asociación de empresarios
Na carpa instalada nas inmediacións da Casa da Torre haberá actividades infantís
Ludoescola
o servizo funcionará entre o 27 de decembro e o 7 de xaneiro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará