Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP asegura que ir camiñando ao colexio supón un alto risco para os escolares

RR_Noticias

Os populares instan ao goberno local a mellorar os accesos aos centros educativos porque a día de hoxe son “estreitos, carecen de beirarrúas, anéganse de auga coas choivas e a iluminación é deficiente”.

O Partido Popular considera unha temeridade o feito de recomendar aos máis cativos ir camiñando ao colexio debido ao mal estado dos accesos e ao perigo que elo supón. Aseguran que ninguén dubida de que andar é san, contribuíndo tamén co medio ambiente e a desconxestión do tráfico ao evitar coller o automóbil, pero é contraproducente se temos en conta a situación na que se atopan os viarios, estreitos, carentes de beirarrúas, que se alegan de auga coas choivas propias desta época, cunha iluminación deficiente e cunha alta conxestión de tráfico que non está regulada de maneira algunha.
Entre os accesos que entenden teñen que ser mellorados destacan que no acceso ao C.P. de Reboreda o alumeado apágase antes da entrada dos estudantes ao centro e a circulación dos autobuses, os camións das obras do AVE e tamén o do lixo é frecuente. Falta alumeado nos tramos da estrada entre San Esteban de Negros e Cabeiro, unha situación que se complica coa carencia de beirarrúas e a alta densidade do tráfico. Por outra parte, na zona escolar da vila de Redondela, altamente concentrada, pódense apreciar diariamente grandes atascos, ademais da auga que se acumula no asfalto os días de choiva. Casos similares a estes ocorren igualmente no resto de parroquias, Cesantes, Chapela ou no Viso motivo polo que reclaman ao goberno que tome as medidas oportunas de inmediato. Consideran que a proposta de ir camiñando ou en bicicleta ao colexio sería posible acometendo un plan de mellora nas proximidades dos centros educativos e, sobre todo, un ambicioso Plan de Tráfico, “do que sempre careceu este Goberno municipal, obviando os diarios atascos e colas que conxestionan a vila”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará