Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Inauguración da exposición “pintura no triángulo máxico” de Marina Cocós

RR_Noticias

As mulleres son as protagonistas indiscutibles da exposición pictórica que se poderá ver no Multiusos da Xunqueira ata o día 17 de xaneiro. A inauguración é hoxe mércores ás 19:30 horas.

Artista de difícil catalogación caracterizada polo seu dominio da cor e pola temática feminina achega a súa obra ao Multiusos da Xunqueira cunha mostra pictórica que poderá visitarse ata o 17 de xaneiro. “Pintura no triángulo máxico” é unha escolma de varios rostros de muller, todos eles idealizados aínda que con referentes na realidade que nos achegan ao particular universo desta artista natural de Ourense e redondelá de adopción. Unha obra que se ten tildado de “roturista, expresionista e rebelde”. Pintora do universo da muller traballadora, intelectual e esquecida na súa procura da identidade, ten exposto non só no ámbito galego, senón internacional, Oporto, o Louvre, etc

Marina Cocós pintora
A paisaxe feminina é temática recorrente na súa obra

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará