Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reguera asegura que os accesos aos colexios son axeitados para os peóns

RR_Noticias

Para o edil responsable de tráfico o problema máis importante a día de hoxe son os atascos producidos polo masivo acceso de vehículos aos centros nas horas de entrada e saída dos escolares. No caso concreto da Avenida Mendiño, que da acceso a zona escolar de Redondela, lembra que están a realizarse xestións ante a Xunta para a construcción de pasos de peóns elevados que obriguen a reducir a velocidade

O concelleiro delegado de tráfico asegura que a día de hoxe os accesos aos centros educativos do Concello de Redondela, tanto no centro da vila como nas parroquias, “son decentes”. Facendo algunha salvedade no caso do colexio de Rebodera, o edil entende que os escolares non corren risco algún por ir camiñando ao colexio e rexeita as críticas emitidas dende o PP quen aseguraba que ditos accesos presentaban unha serie de deficiencias tales como “carecer de beirarrúas, anegarse de auga nos días con choiva e presentar unha iluminación deficiente”. De feito, apunta o concelleiro que nos últimos tempos acometéronse obras en diferentes centro educativos, tales como o de Angorén en Chapela ou o de Portocabeiro precisamente para favorecer que a xente deixe de empregar o coche para levar aos nenos e recupere a costume moito máis estendida no pasado de ir andado ao colexio. Respecto da zona escolar de Redondela insiste en que os atascos que antes se producían nas horas puntas de entrada e saída dos nenos, reducíronse dende que se construíu a rotonda da Avenida Mendiño que permite regular os vehículos e favorece que reduzan a velocidade. Unha vía sumida na polémica logo de que recentemente se producira na mesma un atropelo mortal. Reguera é consciente de que sobre todo nas noites do fin de semana algúns condutores ignoran o feito de que a velocidade máxima permitida na vía sexa de 30 km/hora, motivo polo que están a realizar xestións ante a Dirección Xeral de Infraestruturas para a construccións de pasos de peóns elevados.

Eduardo Reguera edil de tráfico
O Concelleiro entende que na maior parte dos casos os accesos están en boas condicións
Obras nalgúns centros
Angoren e Portocabeiro melloraron os seus accesos
Pasos de peóns elevados
Necesidade de actuar na Avenida Mendiño

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará