Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior recompila máis de mil imaxes antigas do municipio e as súas xentes

RR_Noticias

A iniciativa posta en marcha dende o Concello leva por nome “Soutomaior en branco e negro” e ten como obxectivo recompilar todo tipo de imaxes, preferentemente inéditas, tomadas entre finais do século XIX ata os anos oitenta do século pasado. A máis antiga das recuperadas ata o de agora data do ano 1901

Estas instantáneas pasarán a formar parte do arquivo da Biblioteca Pública e unha selección das mesmas servirán para montar unha exposición. Tamén está en mente do concello publicar un libro no vindeiro ano coas mellores e máis sorprendente imaxes. A recolleita de instantáneas iniciouse hai xa uns meses e a día de hoxe son preto de un milleiro as fotografías que están xa en mans do concello, sendo a máis antiga unha imaxe duns bañistas na ponte de Comboa datada no ano 1901. Pero as imaxes curiosas recompiladas son moitas como as que mostran un Arcade descoñecido cunha estrada N-550 sen practicamente edificacións ás súas marxes ou as que recollen as romarías de San Caetano ou a Peneda así como as propias fotografías escolares. Con este proxecto o Concello pretende conseguir unha extensa colección de fotos de espazos urbanos, casas, as xentes, as actividades laborais e educativas, as festas, os momentos de lecer e os acontecementos máis significativos de Arcade e Soutomaior ao longo de todo un século. Os veciños que desexen colaborar aínda están a tempo, só terían que entregar no Concello as súas fotografías en formato dixital ou en papel par que o responsable da recepción das mesmas se encargue de dixitalizalas e devolverllas o antes posible. Outra opción sería chamar ao 986 705 106 para deixar a súa dirección e o responsable da aras achegaríase ata o domicilio de para escáner en situ a fotografía antiga sen ter que levala.

Paco Iglesias libro e exposición
O Concello recompilou preto de mil imaxes dende que iniciou a recollida
Imaxe de 1901
Un negativo en cristal de principios do século pasado revelou unha imaxe da Ponte de Comboa
Romarías e personaxes
Imaxes moi curiosas xa foron entregadas no concello

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará